miércoles, 19 de junio de 2013

Arctic Monkeys teñen novo tema


Sabiamos que Arctic Monkeys estaban a preparar algo e hoxe, con Do I wanna know?, chega a confirmación. O tema, que a efectos prácticos xa podemos considerar adianto oficioso do que será o quinto traballo de estudio da banda, acaba de saír á venda en iTunes sen comunicado ningún por parte da banda. De súpeto, sen explicacións, sen máis datos.

Do I wanna know? é consecuente coa traxectoria recente dos Monkeys; as guitarras afiladas de R U mine? están aí, tamén o son denso case stoner de Don't sit down 'cause I moved your chair. E os coros, moi presentes en Suck it and see, teñen aquí un protagonismo capital. Parece probable que o tema forme parte do novo disco da banda, mais para sabelo con certeza teremos que agardar á confirmación da banda, que actualmente se atopa de xira mundial (pasarán polo FIB o próximo mes). Polo de agora, a canción pódese adquirir en iTunes e xa ten vídeo oficial en YouTube, co que te deixamos a continuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario