lunes, 18 de marzo de 2013

Disco recomendable: Are You Experienced?

Hoxe continuamos co repaso de esos magníficos e imperdibles discos que teñen un posto asegurado na historia. Hoxe tocalle o turno, e xa era hora, o impesionante Are You Experienced?, disco de debut de The Jimi Hendrix Experience publicado no ano 1967, e que convirteu a Jimi Hendrix nun dos artistas de rock máis importantes da sua época e nunha auténtica estrela do rock, gracias a sua innovadora técnica e ó uso do feedback (retroalimentación) e da distorsión.

Un disco de blues, rock psicodélico e hard rock, que obtivo un enorme éxito de crítica e público dende o momento do seu lanzamento. Conseguiu chegar o segundo posto da lista de ventas inglesa, tan só superado polo Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band dos Beatles, disco que xa recomendamos.


O guitarrista americano sorprendeu a todos cos impresionantes sonidos que conseguia sacar da sua Stratocaster, un derroche de talento, innovación e tecnica que lle valeu a consideración de ser un dos mellores guitarristas de historia (ou o mellor).

Partindo dun fermoso blues rock, con doses de funk e soul, a Jimi Hendrix Expirience lucese con temazos como o que leva o nome do disco Are You Experienced?, o Foxy lady comenzando con ese impresionante riff, o potente e breve Fire, ou xenialidades como Red House ou Manic Depression. Un disco sen desperdicio, vibrante e máxico, un deleite envolto en forma de disco para disfrutar unha e outra vez.

Sen dúbida un disco máis que recomendable.


Lista de cancións:
1. Foxey Lady
2. Manic Depression
3. Red House
4. Can You See Me
5. Love Or Confusion
6. I Don't Live Today
7. May This Be Love
8. Fire
9. Third Stone From The Sun
10. Remember
11. Are You Experienced?

No hay comentarios:

Publicar un comentario