martes, 9 de octubre de 2012

Letz Zep e Live/Wire tocarán no “Playa Club” a comezos do ano 2013

Hoxe temos a fortuna de publicar un fantástico aporte dun seguidor do blogue, Adri Blanco, onde nos presenta e acerca dous dos mellores grupos tributos do momento, aqui o tendes.

Letz Zep e Live/Wire, considerados os mellores grupos tributo a Led Zeppelin e AC/DC respectivamente, tocarán a comezos do ano que ven na sala Coruñesa “Playa Club

Letz Zep, que tocará o día 12 de Xaneiro, é unha banda inglesa cunha gran aceptación en medio mundo, incluso dos propios membros do grupo, chegando a tal punto que foron convidados a prestixiosa festa de presentación de “Mothership” no Soho Londinense. O propio Robert Plant, voz de Led Zeppelin, afirmou despois de velos actuar que era como verse a si mesmo enriba do escenario. O prezo das entradas, aínda sen confirmar, rondarán sobre os 20€, que aínda que poda parecer caro por soamente un grupo, serán cerca de dúas horas e media de concerto coa mellor selección de cancións dun dos mellores grupos da historia. Se estas aínda indeciso, recomendámosche que escoites o seu directo en Amsterdam deste mesmo ano.

A banda Británica tributo a AC/DC, Live/Wire, tocará o día 16 de Febreiro. Son considerados unha réplica da banda dos Young, chegando o punto de facer un espectáculo similar enriba do escenario, xa non só coa vestimenta, senón levando canons e campás xigantes. Aínda que o escenario do Playa Club poda quedar algo pequeno para todo este despregue, será un gran concerto no que non faltarán os temas máis recoñecidos dos Australianos. O prezo das entradas segue sen confirmarse
Para ir abrindo o apetito, deixámosvos coas cartas de presentación destas dúas bandas tributo máis importantes do panorama internacional, e que teremos a honra de ter na nosa comunidade.

Letz Zep - clips from the 'In Concert' DVD


LIVE WIRE AC/DC Tribute Band Promo 2012


Letz Zep: Páxina Oficial | Twitter | Youtube
Live/Wire: Páxina Oficial | Youtube

No hay comentarios:

Publicar un comentario