jueves, 2 de agosto de 2012

Muse publican a capa do seu novo disco e información sobre o primeiro single

A que ves á dereita é a capa de The 2nd Law, o novo e esperado disco de Muse. A banda sempre foi coñecida por coidar moito os detalles que rodean ao disco, contando en moitas ocasións con Storm Thorgerson, un dos mellores na materia, para o deseño das capas. Nesta ocasión a imaxe non é froito do seu traballo, senón que procede de The Human Connectome Project, e mostra con cores circulos cerebrais e procesos de transmisión de información.
Tamén se deu a coñecer o setlist do disco. Serán 13 cancións, 2 máis que as do seu predecesor:

1. Supremacy
2. Madness
3. Panic Station
4. Prelude
5. Survival
6. Follow me
7. Animals
8. Explorers
9. Big freeze
10. Save me
11. Liquid state
12. The 2nd Law: Unsustainable
13. The 2ns Law: Isolated System

Entre as cancións do disco están a xa coñecida Survival  e a que será o primeiro single oficialmente, Madness, que chegará o próximo 20 de agosto. Asimesmo, a banda informa de que o álbum chegará con retraso e non sairá o 17 de setembro como estaba previsto senón o 1 de outubro. Iso si, din que a espera "pagará a pena".

No hay comentarios:

Publicar un comentario