miércoles, 25 de julio de 2012

Versión Miña Terra Galega

Para celebrar o día de Galicia, teño preparado un agasallo para todos vos, unha das mellores versións para todos aqueles que disfrutamos con esta lingua. Falamos da versión de Sweet Home Alabama creada por Siniestro Total, o xenial tema Miña Terra Galega.

Pois ben, comencemos por explicar que a canción en orixen, Sweet Home Alabama, foi composta en 1974 polo grupo estadounidense de hard rock  Lynyrd Skynyrd , o grupo definitivo do rock sureño, cun estilo que fusiona a potencia do blues-rock cunha imaxen de rebeldia sureña e a forza do hard rock.
Esta canción xunto a Free Bird, que tamen pertence a Lynyrd Skynyrd, conforman dous dos maiores himnos da música popular americana.

 

O video de Free Bird, imprescindible escoitala, http://youtu.be/CkTQUtx818w

Despois de saber de onde ben este fermosisimo tema, que sen chegar a ser de Alabama, medio mundo a canta coa pasión que neles evoca o recordo do seu fogar, pasemos a versión de Siniestro Total, o porque e que significa.

Siniestro Total grupo galego de música punk-rock formado en Vigo, en 1984 versionaron a canción anterior cando o manager do grupo, nun concerto onde varios grupos versionaban a Lynyrd Skynyrd, deuse de conta de que a expresión "Miña Terra Galega" tiña as mesmas sílabas é a mesma acentuación de "Sweet Home Alabama".

A única similitude entre estas duas cancións é na estrofa onde dí na versión orixinal referinte a Alabama "where the sky is always blue" (donde o ceo é sempre azul), e onde se refire a Galicia "donde el cielo es siempre gris".

O periodista musical Jesús Ordovás, definiu este fermosisimo tema como "o canto a Galicia máis fermoso dende o Nós de Castelao" ou como "o himno non oficial de Galicia". Ou como esta outra definición "era como unha postal de Galicia, [..] como unha desas fotos coa Torre de Hércules, gaiteros e empanadas", con diversos símbolos de Galicia."


A canción estructurase facilmente en duas partes, na primeira falase dos esteoritipos galegos. Na segunda parte falase de todas as cousas que un emigrante bota de menos do fogar.

Un tema abraiante, capaz de facernos estremecer coa sua letra directa e sincera, que mellor que escoitalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario