Blogue musical, centrado na música rock, pero cun punto de vista moi amplo que vai falar dos estilos de música e todo o que mereza a pena ser mostrado e escoitado.
viernes, 13 de enero de 2012
Disco recomendable VII: Appetite for destruction
Appetite for destruction lanzado en 1987 é o álbum de debut da banda americana de hard rock Guns N' Roses, formada nos seus comenzos polo cantante Axl Rose, o guitarrista Slash, o baixista Duff McKagan, o guitarrista Izzy Stradlin, e o bateria Steven Adler.
É o álbum de debut máis vendido da historia, máis de 33 millóns de copias, e iso que no seu primero ano tan só vendeu 500.000 copias, xa que a MTV negabase a emitir os seus videos, por ter unha portada moi ofensiva (mostraba un robot violador). Sucumbindo a presión da MTV, introduciron a orixinal no interior e como portada puxeron un crucifixo cos cranios dos integrantes da banda.
O disco foi toda unha revolución para o hard rock, nunha epoca non moi boa para o xénero, a banda viuse a si mesma como os encargados de revivir o espíritu rebelde do rock. Un disco enormemente influinte, no que a voz de Axel e os solos de Slash crean cancións tan coñecidas como "Welcome to the Jungle", "Paradise City" ou a magnífica "Sweet Child o Mine" (que escoitaremos agora).
E como non, outra das grandes perlas deste discazo. http://youtu.be/6IsHLTdoRME
A portada orixinal do disco.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario